1/25/2008

. UMBRELA NÚMERO 2. A VIDA ESTRAGADA...

UMBRELA NÚMERO 2


PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VISUALIZAR UMBRELA Nº 2

AS PALABRAS DE XULIA

Ana Menduíña Pastoriza (2º B)

Foi unha noite de xuño, había lúa chea e o ceo estaba estrelado. Esa noite saímos un grupo de amigos a dar unha volta, fomos ata a praia, íamos todos entretidos falando, estábamos a pasalo ben aínda que faltaba Xulia que estaba na casa cando fóramos chamala.

Ó chegar á praia sentámonos na area, húmida polo orballo e as chuvias aínda recentes. Seguimos falando das nosas cousas e a Marta ocorreúselle ir dar unha volta cara o outro lado da praia, preto das rochas. Todos estivemos de acordo pero segundo íamos camiñando víamos unhas sombras alí nas rochas, a min facíanseme coñecidas pero xamáis podería crer o que vimos, se alguén mo contaran, creo que foi a cousa máis horrible que vin na miña vida. Alí nas rochas estaba Xulia acompañada por tres drogadictos. Todos quedamos de pedra e ela non dixo nada, agochou a cabeza e marchou, estaba como ida; tentamos retela e acompañala á casa pero díxonos que non, que nos fóramos e que non quería volver saber nada máis de nós. Nos meses seguintes tentamos axudala pero ela fuxía de nós, rexeitábanos e cada vez estaba peor, cando a víamos pola rúa case non a coñecíamos do delgada que estaba, a súa cara reflectía tristura e os seus ollos, parecían pedir axuda. Todos tentamos axudala pero conforme pasaba o tempo máis nos rexeitaba. Despois de dous anos foi ó cárcere, ó final conseguimos que o deixara e que ingresara nun centro de desintoxicación.

Estivo preto de dous anos ben, pero logo morreu a súa irmá, e a súa nai non cesou no empeño de apartala todo o posible para que non volvese caer nese mundo, máis a pesar de todos os esforzos que fixo non o conseguiu, Xulia volveu caer , e o pesadelo volveuse a repetir outra vez. Chegou un momento no que a súa nai non aguantou máis e botouna da casa, iso non foi por moito tempo, xa que non podía vela sufrir da maneira e volveuna acoller; todos sabíamos que xa non duraría moito porque case non se sostiña en pé é custáballe moito respirar. Uns días antes da súa morte ingresou no hospital, eu fun vela e díxome algunhas cousas que endexamais poderei esquecer aínda me tremen as pernas cando me lembro da súa débil voz didíndome:”Rosa, xamais dieses que os teus fillos se metan nisto, por que senón ti tamén morrerás lentamente coma eles, pero o teu dor será máis intenso porque verás como eles se destrúen sen importarlle nada de ninguén.” Despois de tres días Xulia morreu no hospital. Xa pasaron tres anos pero aínda sigo lembrando a súa cara, a cara que tiña o día en que morreu...

Nenhum comentário: