PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VISUALIZAR A REVISTA COMPLETA.
UMBRELA NÚMERO 2.
Propiedade no rural de CHANTADA
Hai moitos anos, hacia 1950, nunha casa rural de Chantada, vivía unha familia moi coñecida polas súas riquezas. Eran un matrimonio que tiñan catro fillos. O primeiro fillo chamábase Antón e tiña vinte anos. Estudiaba nunha vila que quedaba lonxe da súa e só ía á súa casa os fins de semana.
O segundo fillo chamábase Pepe e tiña dezaseis anos. Pepe ocupábase de axudar os seus irmáns pequenos que eran xemelgos e de ir á escola da vila.
Tiñan unha casa inmensa con hórreo, palleira, forno, auga de pozo e un eirado con frutais. Destes frutais obtiñan beneficio porque vendían a froita e tamén facían pan no forno.
Un día, ás doce da noite, empezou a chover e lostregar, A casa estaba escura, só se iluminaba cando lostregaba. Os tronos facían tintinar as contras das ventás e o vento que se coaba por debaixo das portas non paraba da fungar.
Os habitantes da casa estaban durmindo menos Pepe, que se desvelou co ruído do vento. Levantouse da cama e saíu da habitación en dirección á habitación dos seus irmáns xemelgos. Polo corredor Pepe case non andaba polo medo que lle provocaba a treboada.
Os xemelgos estaban chorando porque as ventás abríronse coa forza do vento. Mentres Pepe intentaba calmalos, unha sombra asomou pola porta. Pepe abrazouse ós seus irmáns e de pronto oíuse un disparo, outro e outro. Os pais despertaron de súpeto e cando saíron do dormitorio, a sombra, que estaba no medio do corredor,disparoulles,
Os veciños, que oíran os disparos, chamaron ós xendarmes. Cando entraron na casa, estaban todos mortos menos o fillo maior, que estaba fóra da vila. Ninguén podía crer o que vían e o que oían.
Cando Antón chegou, non o podía crer. Toda a súa familia estaba morta e non sabía por que nin quen o podía ter feito.
Antón, despois de pensalo moito, decidiu vender a propiedade e desfacerse dela por completo para poder olvidarse máis rápido da terrible desgracia.
Desde entón, as familias que habitaron nesa casa non duraron dúas semanas porque dicían que a partir das doce da noite, óense os berros da familia.
Nenhum comentário:
Postar um comentário