1/25/2008

UMBRELA Nº 3. O PRESTIGE

UMBRELA NÚMERO 3


O Prestige encala nas nosas costas o día 14 De Novembro a 250 millas da costa. O goberno decide levar o barco mar adentro ata que o día___ de Decembro ás oito da mañá o barco agrétase e pártese en dous. Ás 11:45 desa mesma mañá a popa xa non se apreciaba no medio do Océano, cando 5:15 máis tarde desaparecía tamén a proa. O barco naufragou con cerca de 7.000 to9neladas de fuel-óleo.

Toda a Costa Coruñesa queda impregnada de chapapote e de alí a uns días tamén chega ás Rías Baixas, afectando primeiro o Parque Nacional das Illas Atlánticas(Ons, Cíes e Sálvora, pero, tamén se impregnan de chapapote as costas Asturianas, Cantábricas e Vascas.

Logo, despois o presidente de Xunta vai a Madrid a falar da “Marea Negra” e en vez de ir a falar diso o moi listo foi pola mañá a presentar un libro e pola tarde a dar unha conferencia Volveu a Galicia pero a cousa non acaba aí.

Cando volveu para Galicia o Domingo día 17 de Novembro en vez de preocuparse pola marea negra foise de caza cos seus amigos como se nada pasara.

De alí a uns días o submarino Nautile baixa ó fondo do mar e atopa o “Prestige” do que sae fuel-óleo da popa e da proa. O “Prestige” ten seis gretas, 2 na popa e 4 na proa, pero, os últimos días xa lle atoparon máis co xa tan un total de 14 gretas en total e solta un total de 125 toneladas o día.

--CONSECUENCIAS –

Agora as consecuencias a parte de deixar a mariñeiros sen poder pescar, a mariscadores sen poder mariscar e a ourtra moita xente sen traballo tamén vai destrozar moitos ecosistemas galegos e ademais diso tamén vai matar moitas aves e moitos animais únicos soamente no Parque Nacional des Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Onza).

¡¡¡XA TIVEMNOS OUTROS AFUNDIMENTOS DE PETROLEIROS QUE DESTRUIRON COMPLETAMENTE AS NOSAS COSTA COMO O ERICA, MAR EXEO E AGORA O PRESTIGE!!! ¡XA NON QUEREMOS MÁIS!

¡NUNCA MÁIS!¡QUE NON NOS VOLVA PASAR!

Nenhum comentário: