6/24/2015

Que bonita a vida


Artigo da revista Umbrela Nº 20

Que bonita a vida.

Sara Álvarez Cerviño 3A
Unha mañá dun día calquera, dun ano que non me lembro, erguinme pensando en nada, cunha estraña sensación. Levaba a camiseta do revés e na radio soaba una canción, a chamada “Que bonita la vida” de Dani Martin.
Camiñei ata encontrar o meu caixón, onde eu gardaba o meu diario, collino e escribín.
Pasaba o tempo. Os minutos cada vez facíanse máis longos e a canción non paraba de soar: remataba e volvía ao principio, parecía todo programado, dende a música ata a miña mente.
Empezou a doerme a cabeza pero seguín escribindo, nese momento non podía parar, tiña que continuar e explicar o que sinto, que nin eu o sei.
Y tan bonita es que a veces se despista”, dicía a frase.
Podía ser que hoxe a miña vida se estivese despistando, todo tan estraño, unha dor no peito, una rabia por todo o que pasaba pola miña cabeza nese momento.
Que bonita la vida, que regalo tan grande que luego te lo quita”.
Máis dor volveu ao meu peito, deixándome sen palabras, sentindo nada, pechando e abrindo os ollos sen ver nada, nada como eu quería ver.
Cansei de sentir esa música nos meus oídos.
Non paraba de soar! Acabei por tirar o diario ao chan e pegar un berro para que me axudasen.
Arrimeime contra una esquina con moito medo. A canción non paraba e eu estábame volvéndome tola. Desaparecín, desaparecín do mundo. Onde estou?

O MUNDO TAL E COMO É


Artigo da revista UMBRELA Nº 20

O MUNDO TAL E COMO É

O mundo está cheo de incógnitas. Moitas sen resposta e outras cunha explicación aínda por atopar.
No tempo que levamos os seres humanos habitando neste planeta, fixemos grandes avances. Tanto na tecnoloxía, coma na ciencia, coma na cultura… Fixemos a nosa vida máis cómoda pero… é xusto beneficiarnos a costa doutros? A resposta é clara: Non.
Obrigamos a que o resto dos seres vivos vivan en pésimas condicións pola nosa culpa, é dicir, están pagando as consecuencias dos nosos actos. E sabendo isto intentamos arranxalo? Non.
Sei que este exemplo faise moi reiterativo, sen embargo, é o máis claro e máis fácil de entender.
Todo é unha cadea, se unha conexión falla, a cadea rompe.
Comecemos con algo sinxelo para ver ata onde chega.
Unha persoa colle un coche para dirixirse ao traballo. Ata aquí todo normal, non si? Vale, imaxinemos esta acción con todos os habitantes da Terra. A contaminación que producen é bastante grande e tan só estamos falando deste movemento cotián. Transformémolo a gran escala, sumemos a contaminación que producen todas as fábricas de toda clase de produtos para o consumo humano.
A maior parte dos obxetos que atopamos ten como orixe unha fábrica.
Vivimos nun mundo consumista, no que dependemos da enerxía eléctrica e dos produtos industriais.
Velaquí a gran pregunta: Somos capaces de convivir en equilibrio co planeta e á súa vez manter a comodidade e a tecnoloxía que dispoñemos na actualidade? Para min resúltame difícil e a mesma vez fácil de responder. Sinceramente, eu creo que se somos capaces de construír cidades e de inventar grandes cousas, por que non poderiamos convivir en equilibrio? Todos o fan. O problema é que non queremos xa que teríamos que prescindir de moitas cousas e iso a algunha xente non lle convén.
Pero ata que non nos decatemos do que está pasando e fagamos algo, isto vai seguir sucedendo.
Tapámonos os ollos convertémonos en ignorantes. E sendo ignorantes somos fáciles de manipular por outra xente.
A nosa maior cualidade é a capacidade de expresarnos e defender as nosas ideas. 
                                                                       ANA QUEIMAÑO