11/09/2009

magosto .Novembro 2009

10/24/2009

350, MÁXIMO DE CO2 NA ATMOSFERA

Os alumnos-as do IES "illa de Ons" de BUEU, participaron hoxe véspera do 24 de outubro na acción ecoloxista máis grande da historia, o movemento 350, que promove concentracións en todo o planeta para que os líderes mundiais se sintan respaldados pola sociedade na toma de medidas efectivas contra o cambio climático.


6/08/2009

Firmas apoio manifesto




http://www.coordinadoraendl.org/web/index.php


Coordinadora Galega de ENDL

QUE É UN ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)?

É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente.

A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.

QUE É A COORDINADORA GALEGA DE ENDL?

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) é unha plataforma creada coa intención de coordinar actividades e experiencias, e ademais servirlle de voz pública aos ENDL que traballan nos centros de ensino.

Está formada por Equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando en prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o noso Estatuto de Autonomía.

QUE QUEREMOS?

  1. QUE a lingua galega siga sendo parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.
  2. QUE se garanta que todo o alumnado sexa competente nas dúas linguas cooficiais da Comunidade ó final do ensino obrigatorio. Só a partir do coñecemento e da ausencia de prexuízos lingüísticos é posible a liberdade de elección de linguas.
  3. QUE na actual situación sociolingüística de Galicia, na que o galego está a perder falantes como demostran os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiciao sistema educativo ofreza ó alumnado espazos de uso, porque as linguas apréndense usándoas.
  4. QUE non se discrimine o alumnado por razón de lingua, tal e como se regula na Constitución Española no artigo 14 e no Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 5.4.
  5. QUE o noso alumnado estea formado para poder desenvolverse nunha Europa plurilingüe. Diversos estudos demostran que o alumnado de comunidades bilingües obtén iguais ou mellores resultados académicos cós das comunidades monolingües.

Apoia ao galego coa túa firma
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

5/20/2009

NAVEGANDO A VELA!!!

Os pasados días 6, 8 e 15 de maio os nosos alumnos de 1ºESO participaron nun curso de iniciación á navegación a vela organizado polo Club Náutico de Beluso. O mércores 6 tivemos unha sesión teórica no ximnasio do centro para a cal os monitores trouxeron un “optimist” no cal impartiron algunhas nocións básicas. As prácticas tiveron lugar os venres 8 e 15 pola tarde e nelas navegaron pola enseada de Bueu acompañados polos monitores e con eles practicaron viradas, ceñidas, través e algún que outro baño refrescante fronte a praia de Agrelo. Non estaría mal que algún continuase practicando este fermoso deporte nas instalacións do Club Náutico de Beluso.


4/21/2009

UMBRELA Nº 12


Visita ao Acquariumgalicia do Grove.



Aida Queimaño Soage e Alba Rial Vidal.

O 2/3/2009 saímos do colexio alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO cara ao Grove ás 9:00 da mañá. A iso das dez chegamos ó acuario do Grove. Fixemos unha visitas guiada onde nos explicaron os catro tipos de ambientes acuáticos onde poden habitar os peixes de Galicia. Primeiro comezamos polo peirao, onde é típica a dourada. A estes peixes gústanlles agocharse entre os paus de madeira do porto. É fácil diferenciar o sexo do que son pola mancha que teñen nas que serían as súas tempas.

Seguidamente, explicáronnos que a hurta e o pargo viven cerca da praia e onde tamén son comús a centola e a nécora, dous crustáceos moi típicos das nosas costas.

Despois dixéronnos que o sargo e o besugo habitan entre as bateas.

As bateas son plataformas das que penduran numerosas cordas que conteñen mexillóns, e moluscos como as vieiras e as ostras, as máis grandes chamadas ostións. As cordas das bateas só poden medir doce metros, posi de chegares ao fondo do mar as estrelas de mar comerían a colleita de mexillóns.

Por último faláronnos das morenas máis coñecidas por serpes de mar debido á súa forma alongada. Estas adoitan esconderse entre os buratos das rochas, e aínda que non son velenosas son peixes que comen moita basura e xa que os seus dentes son moi afiados unha mordedela delas poden infetarte moito.

Antes de marchar ó autobús, deixamos atrás as costas galegas e demos un percorrido polas cálidas augas occidentais e observamos peixes de cores moi vistosas, como o peixe paiaso e o peixe ídolo moro.

Finalmente observamos diversos tipos de quenllas e raias e un peixe moi curioso, trátase do peixe guitarra.

Xa fóra da sección dos peixes, visitamos unha estancia chamada zona de granxa, onde observamos unha especie de piscifactoría, dúas nutrias e unha foca en pleno proceso de recuperación, pois foi atopada ferida nunha praia.

Xa fóra do acuario embarcámonos nun catamarán e tomamos rumbo á ría de Arousa. Alí observamos pequenos barcos pesqueiros de baixura.

Faláronnos das bateas e do proceso de cultivo dos mexillóns, ostras e vieiras. Despois deixáronnos observar o fondo mariño. Xa rematada a nosa travesía polo mar, paramos preto dunha cafetería a xantar.

Pola tarde voltamos ó acuario, onde nos contaron o noso parecido cos cetáceos. Contáronnos cousas moi interesantes a cerca das baleas como: que as baleas comunicábanse con cantigas que se foron transmitindo de xeracións en xeracións e que por culpa da

contaminación acústica, como o ruído dos barcos ou pola contaminación en sí ou tamén pola sua caza, pois o número de baleas que existe no mundo, cada ano e máis reducido.

Chegados a este punto tivemos que voltar ao colexio. Onde aproximadamente chegamos ás cinco e media.

Esta excursión fíxonos reflexionar a cerca do mundo que nos rodea e fixo darnos conta do pouco que sabemos do marabilloso fondo mariño deste pequeno planeta, do inmenso universo.