1/25/2008

UMBRELA Nº 3. O PRESTIGE


PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VISUALIZAR A REVISTA UMBRELA Nº 3 COMPLETA


UMBRELA NÚMERO 3

MARÍA CANOSA

É desolador para tódolos galegos. Ver as nosas

praias impregnadas de fuel-oil.¿Onde está a nosa Galicia?¿Onde están as nosas costas, a nosa fauna, a nosa flora. ..0 noso todo?

Galicia está durmida. Está vivindo o seu maior

pesadelo~ E o peor de todo é que non pode espertar

deste soño negro. Todos desexamos que esperte canto antes, senon convertirémonos en ánimas vagando pola estrada da vida. Seremos uns mandados, limitarannos a nos a liberdade,..., ¡forza para estes galegos!. Faremos un camiño, e

caminando ;chegaremos. A dor, que é unha gran

mestra, apoderouse de todos os seu s alumnos; pero coa forza dos máis intelixentes derrumbarémola. Os optimistas pensan que o mundo é inmellorable. Se Galicia esta en boas condicións que veñan aquí e o digan. O triste do caso é que no nos o país hai moito optimismo. A ferida causado polo prestige poderase curar, pero a causada por algúns políticos será incurable. En fin, as cousas son como son e non como desexaríamos que fosen. cando todo acaba, comeza a esperanza.

A mellor aliada da dificultade é a cobardía. ¡Arriba Galicia! ¡Estamos contigo!

:María Canosa Costas

Nenhum comentário: