1/15/2008

Umbrela 2

SOBRE O “BOTELLÓN” Umbrela 2. Ano 2003
Tania Paz (4º A).

A entrevistada chámase María Pilar Piñeiro Paz, ten 27 anos de idade, empezou a traballar aos vinte anos, aínda que a praza do seu posto de traballo non foi definitiva ata os 24 anos.
Estudiou no colexio das monxas “Virxe Milagrosa” de Bueu e máis no colexio “San Narciso” de Marín. Actualmente traballa no concello de Pontevedra como policía local, e anteriormente traballou no concello de Bueu.
-¿Que medidas se toma coas persoas menores de idade que sorprenden co botellón ou outra clase de substancias ilegais, como mariguana, cocaína, etc.?
- Respecto do “botellón”, en Pontevedra quítaselle o material, gárdase e infórmase aos pais. No referido ás substancias ilegais, detense o individuo, a substancia decomísase e faise un rexistro administrativo. Cando a cantidade da substancia pasa dun límite, decomísase o material, detense o individuo levándoo ao calabozo e máis tarde o caso pásase ao xuíz.
- ¿É moi frecuente a inxesta excesiva de alcohol ata o punto do “coma etílico”?
- Recóllense un par de mozas/os cada fin de semana.
- ¿En que zonas do concello se fai o “botellón”?
- No Campiño de Santa María, na Alameda.
- ¿Contrólanse os bares que venden alcohol a menores, e se teñen as respectivas licencias?
- Non moito, pero o que si facemos é entrar de incógnito nos bares, pubs...para saber se se lle vende alcohol a menores. Aínda que non é fácil facelo, normalmente tamén se rexistran os supermecados.
- ¿Vostede pensa que a prohibición do alcohol nas rúas vai evitar o consumo excesivo do mesmo?
- Non, para nada, se non se bebe nas rúas beberase en outros lugares como poden ser pubs privados, garaxes, casas particulares,...
- ¿Pensa que a culpa do consumo excesivo do “botellón” débese a que os pais deixan libres os seus fillos desde os 12 anos de idade ata altas horas da madrugada?
- Un pouco. Non én normal que un menor estea ata tan tarde fóra da casa bebendo e que os seus pais non se preocupen cando un día lles chega o seu fillo borracho e acompañado por un axente da policía.
- ¿Cal é a media de saídas de servicio nun fin de semana?
- Catro aproximadamente cada noite, aínda que hai días que é un total aburrimento.
- ¿A maioría son mozos e mozas?
- A maioría das veces son mozos, aínda que de vez en cando hai por medio algunha moza.

Como un exemplo do perigoso que chega a ser o seu traballo, Mª Pilar explícanos como hai pouco tempo unha parella de policías nacionais se achegaron ao Campiño de Santa María -lugar habitual de consumo do “botellón” en Pontevedra- para inspeccionar o lugar, e ao saíren do vehículo comezaron a tirarlles todo tipo de obxectos, foron apaleados e o mesmo vehículo oficial case totalmente destrozado. Os dous policías conseguiron saír da pelexa gracias a outra parella da Policía Local que pasaba polo lugar.

OPINIÓNS RECOLLIDAS NO I.E.S. “ILLA DE ONS”

Alumna de 2º: “Debe estar prohibido porque non é normal que xoves menores de idade...non está ben”.
Profesora de Lingua Estranxeira: “Estou a favor de que o prohiban, xa que hai outras formas de divertirse”
Alumna de 2º: “É un lixo”
Alumna de 3º: “É malo para a saúde e despois de abusar tanto do alcohol suceden accidentes graves que se saldan con centos de mortos cada ano. É unha pena.”

Nenhum comentário: