1/29/2008

UMBRELA NÚMERO 7. NOITE DE SAN XOAN

UMBRELA NÚMERO 7

Noite de San Xoan.

Cristina Vidal Pousa 4º B

O 24 de xuño de 2005 eu e algúns amigos fomos mirar a fogueira á praia de Tulla. Estivemos uns trinta minutos aproximadamente, mirando a fogueira, e despois marchamos cara á rúa nova.

"Eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo"

Estábamos subindo por unha costa, cando de pronto eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo e caín en plena rúa. Miráronme cair Vanesa e María Xosé. Vanesa chamou por Pablo que ía cos outros máis arriba e despois veu Pablo pero eu xa me levantara e empecei a correr. Pasaron uns minutos e doíame moito o cóbado; tíñao sangrando. Como estabamos moi lonxe das nosas casas a miña amiga Vanesa tiña no bolso unha colonia e unhas gasas: para desinfectalo botoume colonia no cóbado e eu berraba porque doía. Despois tapeino, porque senón rozábame co xersei.

Seguimos ``roubando´´ portais. Logo cando chegamos á Rúa Nova pasou por onde estabamos nós unha moto onde ían dous rapaces: o que conducía ía bebido e caíron da moto. Nós fomos a xunto deles a preguntarlles se se mancaran. O que conducía dérase no xeonllo e ao outro non lle pasou nada, e despois marcharon.

En vez de chamarlle a noite de San Xoán podíamos chamarlle a noite das caídas.


Nenhum comentário: