http://www.coordinadoraendl.org/web/index.php
Coordinadora Galega de ENDL
QUE É UN ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)?
É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente.
A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.
QUE É A COORDINADORA GALEGA DE ENDL?
A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) é unha plataforma creada coa intención de coordinar actividades e experiencias, e ademais servirlle de voz pública aos ENDL que traballan nos centros de ensino.
Está formada por Equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando en prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o noso Estatuto de Autonomía.
QUE QUEREMOS?
- QUE a lingua galega siga sendo parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.
- QUE se garanta que todo o alumnado sexa competente nas dúas linguas cooficiais da Comunidade ó final do ensino obrigatorio. Só a partir do coñecemento e da ausencia de prexuízos lingüísticos é posible a liberdade de elección de linguas.
- QUE na actual situación sociolingüística de Galicia, na que o galego está a perder falantes como demostran os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiciao sistema educativo ofreza ó alumnado espazos de uso, porque as linguas apréndense usándoas.
- QUE non se discrimine o alumnado por razón de lingua, tal e como se regula na Constitución Española no artigo 14 e no Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 5.4.
- QUE o noso alumnado estea formado para poder desenvolverse nunha Europa plurilingüe. Diversos estudos demostran que o alumnado de comunidades bilingües obtén iguais ou mellores resultados académicos cós das comunidades monolingües.
Apoia ao galego coa túa firma
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php