1/25/2008

UMBRELA Nº 2


PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VER A REVISTA UMBRELA Nº 2 COMPLETA.

UMBRELA Nº 2.

Carmen Gómez Jorge 4º A

Composición propia

En 1980 nace na cidade de Vigo unha rapaza fermosa, con bo tipo, pero dunha familia pobre.

Toda ela era inocencia. Os seus pais obrigábana a traballar, e non podía estudiar, aínda que iso era o que lle gustaba.

Unha noite de verán na festa da súa vila, preparouse moito para poder conseguir a aquel mozo do que estaba namorada.

Os dous rapaces pasaron a noite bailando pero eran as tres da mañá e el propúxolle a ela ir dar unha volta polos arredores. Ela topábase moi ben con el, pero dun momento a outro el cambiou de actitude. Comezou a poñerse agresivo a e obrigala a facer cousas que ela non quería, ata que ó final violouna.

Ela quedou en estado e cando os seus pais se enteiraron botárona da casa. Aínda así quería ter o meniño, e así o fixo.

Marchou da súa casa a comezou a buscar traballo para manter o seu fillo.

Primeiro traballaba no que atopaba: limpando casas, coidando meniños,... ata que o embarazo lle impediu traballar máis. Unha noite de inverno púxose moi mala, con contraccións e moita dor.

Foi ao hospital e alí sen axuda de ningún familiar tivo o meniño.

Aos tres ou catro días saíu do hospital e voltou a buscar un novo traballo; co seu fillo ás costas.

Un día no mes de maio coñeceu no parque a un home uns dez anos maior ca ela do que se fixo moi amiga. Despois de varios meses de amigos remataron por casar.

El non gañaba moitos cartos e por iso ela decidius a buscar un traballo: coidando nenos que é o que mellor se lle daba.

Nenhum comentário: