11/09/2009
10/24/2009
350, MÁXIMO DE CO2 NA ATMOSFERA
6/08/2009
Firmas apoio manifesto


http://www.coordinadoraendl.org/web/index.php
Coordinadora Galega de ENDL
QUE É UN ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)?
É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente.
A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.
QUE É A COORDINADORA GALEGA DE ENDL?
A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) é unha plataforma creada coa intención de coordinar actividades e experiencias, e ademais servirlle de voz pública aos ENDL que traballan nos centros de ensino.
Está formada por Equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando en prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o noso Estatuto de Autonomía.
QUE QUEREMOS?
- QUE a lingua galega siga sendo parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.
- QUE se garanta que todo o alumnado sexa competente nas dúas linguas cooficiais da Comunidade ó final do ensino obrigatorio. Só a partir do coñecemento e da ausencia de prexuízos lingüísticos é posible a liberdade de elección de linguas.
- QUE na actual situación sociolingüística de Galicia, na que o galego está a perder falantes como demostran os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiciao sistema educativo ofreza ó alumnado espazos de uso, porque as linguas apréndense usándoas.
- QUE non se discrimine o alumnado por razón de lingua, tal e como se regula na Constitución Española no artigo 14 e no Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 5.4.
- QUE o noso alumnado estea formado para poder desenvolverse nunha Europa plurilingüe. Diversos estudos demostran que o alumnado de comunidades bilingües obtén iguais ou mellores resultados académicos cós das comunidades monolingües.
Apoia ao galego coa túa firma
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php
5/20/2009
NAVEGANDO A VELA!!!
4/21/2009
UMBRELA Nº 12

Visita ao Acquariumgalicia do Grove.
Aida Queimaño Soage e Alba Rial Vidal.
O 2/3/2009 saímos do colexio alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO cara ao Grove ás 9:00 da mañá. A iso das dez chegamos ó acuario do Grove. Fixemos unha visitas guiada onde nos explicaron os catro tipos de ambientes acuáticos onde poden habitar os peixes de Galicia. Primeiro comezamos polo peirao, onde é típica a dourada. A estes peixes gústanlles agocharse entre os paus de madeira do porto. É fácil diferenciar o sexo do que son pola mancha que teñen nas que serían as súas tempas.
Seguidamente, explicáronnos que a hurta e o pargo viven cerca da praia e onde tamén son comús a centola e a nécora, dous crustáceos moi típicos das nosas costas.
Despois dixéronnos que o sargo e o besugo habitan entre as bateas.
As bateas son plataformas das que penduran numerosas cordas que conteñen mexillóns, e moluscos como as vieiras e as ostras, as máis grandes chamadas ostións. As cordas das bateas só poden medir doce metros, posi de chegares ao fondo do mar as estrelas de mar comerían a colleita de mexillóns.
Por último faláronnos das morenas máis coñecidas por serpes de mar debido á súa forma alongada. Estas adoitan esconderse entre os buratos das rochas, e aínda que non son velenosas son peixes que comen moita basura e xa que os seus dentes son moi afiados unha mordedela delas poden infetarte moito.
Antes de marchar ó autobús, deixamos atrás as costas galegas e demos un percorrido polas cálidas augas occidentais e observamos peixes de cores moi vistosas, como o peixe paiaso e o peixe ídolo moro.
Finalmente observamos diversos tipos de quenllas e raias e un peixe moi curioso, trátase do peixe guitarra.
Xa fóra da sección dos peixes, visitamos unha estancia chamada zona de granxa, onde observamos unha especie de piscifactoría, dúas nutrias e unha foca en pleno proceso de recuperación, pois foi atopada ferida nunha praia.
Xa fóra do acuario embarcámonos nun catamarán e tomamos rumbo á ría de Arousa. Alí observamos pequenos barcos pesqueiros de baixura.
Faláronnos das bateas e do proceso de cultivo dos mexillóns, ostras e vieiras. Despois deixáronnos observar o fondo mariño. Xa rematada a nosa travesía polo mar, paramos preto dunha cafetería a xantar.
Pola tarde voltamos ó acuario, onde nos contaron o noso parecido cos cetáceos. Contáronnos cousas moi interesantes a cerca das baleas como: que as baleas comunicábanse con cantigas que se foron transmitindo de xeracións en xeracións e que por culpa da
contaminación acústica, como o ruído dos barcos ou pola contaminación en sí ou tamén pola sua caza, pois o número de baleas que existe no mundo, cada ano e máis reducido.
Chegados a este punto tivemos que voltar ao colexio. Onde aproximadamente chegamos ás cinco e media.
Esta excursión fíxonos reflexionar a cerca do mundo que nos rodea e fixo darnos conta do pouco que sabemos do marabilloso fondo mariño deste pequeno planeta, do inmenso universo.
6/11/2008
REVISTA UMBRELA NÚMERO 11
Umbrela 11.
Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.
Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:
Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.
Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.
Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.
Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.
Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.
Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.
Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.
Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com
Umbrela: revistailladeons.blogspot.com
5/22/2008
O Club dos Poetas Vivos
. UN POUCO DE MÚSICA CON LORETTA MARTIN:
5/20/2008
5/14/2008
DIARIOS DE ADRIANA E JACKY
XA SAÍU UMBRELA NÚMERO 10
1/29/2008
UMBRELA NÚMERO 9.
PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VISUALIZAR A REVISTA COMPLETA
Umbrela 9
I.E.S. Illa de Ons. Bueu. Xuño. 2007.
Cartas de amor+ Grupo Manxadoira+ O medo+ Lembranzas da primeira escola+ Viaxes: Barcelona, Marsella, León+ Acrósticos+ Entrevista á directora, Concha Solano+ Un reloxo moi caro+ Punkto de Mira+ Historias do mar+ Encrucillado.
UMBRELA NÚMERO 9. CARTAS DE AMOR
Carta de amor.
Yolanda
Quería dicirche que te amo, pero quédaseme pequeno, deberían inventar novas palabras que definan os meus sentimentos de devoción, de entrega, de admiración, de precisarte xunto a min cada segundo.
Quero que saibas que o noso amor non ten tempos nin distancias, que é un amor puro e cheo de ilusión.
UMBRELA NÚMERO 7. NOITE DE SAN XOAN
Noite de San Xoan.
Cristina Vidal Pousa 4º B
UMBRELA NÚMERO 5.CARTA DE AMOR
CARTA DE AMOR
Hola meu amor:
Contigo ó meu lado alègrasme a vida, si contigo non estivera
miña vida daría. Pero como non é así estou cheo de alegría.
Nos estudios non vou ben porque non podo deixar de pensar
en ti.
Non podo comer, non podo durmir, porque no meu
pensamento sò estas ti.
Chao miña vida
ALEJANDRO GALLEGO CASTRO 1ºA
UMBRELA NÚMERO 5. ERA UN AMIGO...

Era un amigo pero amábao, en silencio permanente.
Mentres el os seus amores me contaba, eu escoitáballe as súas frases tristemente.
Era un amigo, pero gustábame, o meu afán era miralo cada día, cada momento.
Nunca soubo do amor que eu sentía por el, porque sempre me falaba da súa amada.
Era unha amiga para todo o mundo porque a ninguén os meus amores confiaba.
Eu queríao profundamente e forzosame o calaba.
Era un amigo, eu sentía temblar o meu corpo cando el me miraba.
O miralo xunto de min facíame feliz, era un amigo, era un amigo.
Peo o día que emnos esperab, chegou sen decirme nada, colleume as mans entre as súas, miroume con tenrura, e díxome:
¡¡¡ERA A TI A QUEN AMABA!!!
UMBRELA NÚMERO 5. ESTA NOITE...
Esta noite tiven un soño no que aparecía...
...auga.
Suxere a vida do soñador e representa os seus sentimentos, instintos e sensacións. Se as augas son axitadas ou sucias suxeren que o suxeito precisa tomar unha decisión; se se presentan claras e en calma, que a decisión e correcta.
...animais.
Soen simbolizar aspectos da natureza emocional e instintiva do soñador. A aparición de animais feroces ou enfurecidos representa ira, mentres que a de enxaulados ou atados simboliza que o suxeito síntese traicionado, coaccionado ou lastimado. O tipo de animal tamén garda significado: por exemplo, a formiga representa codicia; o can, lealtade; o oso e o cabalo,forza; o gato, traición; e a serpe, a sexualidade e a tentación
...árbores.
Suxeren vida- Se as follas están verdes, indican cambios positivos;se aparecen marchitas, trátase dun cambio decisivo, para ben ou para mal; e se non ten follas, simboliza o cambio dunha situación.
...aves.
Representan a huída dunha situación indeseable, o desexo de liberdade e unha perspectiva de aumento de conciencia e lucidez. Ademáis, o tipo de ave alberga un significado: o pavo suxere o desexo de vanidade; a galiña, situacións de cobardía; e o corvo representa a traición e a ingratitude.
...ascensores e escaleiras.
Suxeren unha melloría, cando ascenden; ou unha regresión, cando descenden.
...caídas.
Simboliza o fracaso, o retroceso e a pérdida de control na vida. Tamén indica o fin dun ciclo natural.
...caras.
Representan algo natural, peroque pertence ó pasado e que xeneralmente borrans.e ou apártanse da nosa vida.
...ceo.
Fai referencia a inquietudes sobre o futuro que poden resultar da situación actual.
...cores..
Suxeren muitas cousas, dependendo da cor. O negro representa a culpabilidade e outros sentimentos intensos, mentres que o blanco fai referencia a pureza e a espiritualidade do individuo.
...carreiras.
O acto de correr indica que o soñador está evitando ou huíndo de algo que hai na súa vida. Se se fai hacia o motivo, expresa o desexo de alcanzar un obxetivo, e se se realiza por outro placer, indica unha necesidade non satisfeita.
...deserto.
Simboliza unha área de nós mismos, xeneralmente do terreo sentimental, á que non prestamos moita atención.
...desnudez.
Ten que ver con sentimento de vergoña ou vulnerabilidade.
...dentes.
Dependendo do contexto do sono, fan alusión ó pracer erótico ou a problemas sexuais. Por exemplo, ir ó dentista indica o desexo de resolvelos.
...edificios.
Representan ó soñador. As actividades no seu interior indicansubjectividade,así como problemasinternose a capacidade de resolvelos por símesmo. A actividade portas a fóra suxere obxectividade e influencias externas.
...estacións.
Poden indicar unha certa disposición sentimental ou fase da experiencia: no inverno simboliza untempo inconscente de hibernación;a primavera, o inicio dunha nova vida;e o verán, a expresión máxima de liberdade e desarrollo persoal.
...excrementos.
O soñadorr está preocupado por temas relacionados coa riqureza, os cartos e a prosperidade.
...flotar e voar.
Significa que o suxeito síntese feliz e cheo de regocijo. O descenso dende unha altura hasta o chan pode indicar a transición dunha sensación de benestar a un sentimento de depresión.
...fogo e calor.
Poñen en evidencia que se pasa por un estado de ira causado por un axente extern. As chamas , as veces, simbolizan a purificación espiritual ou de outro tipo.
...esquerda e dereita.
O lado esquerdo representa nos sonos aspectos artísticos, emocionais e internos da persoa, mentres que o destro fai alusións a nosa mente lóxica e racional.
...neve.
A súa caída representa problemas que ó soñador parécenlle infranqueables.
...Nenos.
Simbolizan un cambio ou unha novafase navida do que soña.
...peixes.
Suxeren unha abundancia de espiritualidade ou o estado do que soña.
...pel.
Representa os sentimentos; problemas coa pel indican cambios emocionais.
...portas e fiestras.
As primeiras aluden ás eleccións que podemoos facer, e as segundas, ós ámbitos novos nos que podemos adentrarnos.
...sangure.
Figura a vida e a conexión indestructible con alguen ou algo, probablemente coa persoa ou cousa que sangra no sono.
...sol.
A súa visión orínica indica o fin dun problema ou unha dificultade.
...vallas.
Representan as nosas limitacións. Simbolizan un obstáculo que hai que superar.
UMBRELA NÚMERO 5
Novo disco, DONDE EL CORAZON TE LLEVE- 9 FEBREIRO.
Mägo de oz sacou hai uns meses o mellor traballo da súa carreira no mundo da música, co chamado “ GAIA”.
Este traballo vai dicado sobre todo a nos os Galegos , polo tráxico accidente ocorrido nas nosa costas. Este traballo consta de un CD con doce cancións , entre que destaca a de “La cota del silencio” canción adicada a Galicia esta é o Singuel de este traballo ,despois trae o DVD que trae : vídeo –clip ,introducción, Gaia eo seu concepto, o álbum e o seu proceso, canción por canción, sesión de fotos, a gravación do vídeo-clip e o deseño gráfico.
O CD, AS SÚAS CANCIÓNS E O PORQUÉ
I. Obertura MDXX : esta é a introducción do CD , esta canción narra unha muller representando “a nai natureza” o dano que lle facemos o noso planeta Terra conminando o mar , os ríos ,destruimos os ,montos etc.
II. Gaia: e a canción e titulo deste traballo , esta canción fala gol dos deritos humanos e a insutiza da silla “eletrica”.
III. La conquista.: fala da ultima conquista feita polos Etados Unidos a Irak ,tamen do descubrimento das Americas.
IV. Alma: trata de cando una persoa por consecuencias da vida esta apiques de morrer e expre o que deben de estra sentindo.
V. La costa del silencio: Esta canción trata do desatre do “Prestige” e do mal que fiso, non é para nada una canción
VI. que criticaSo queren que a escuiten os que ateñen que oir o gobernó.
VII. El árbol de la noche triste: trata dunas das loitas que tibo Ernan Cortes e una vez perdeu e puxose a chorar comtra una árbore (México)
VIII.
VIII. La leyenda de
IX . Van a rodar cabezas : trata de un Azteca que ten que abandoar a súa terra debido a invasión
X. El atrapasueños: é una lenda dos indios amaricanos, que le contaron cando esba de visita por aquelas terras
XI. Si te vas : é balada que ten este traballo (a mellor de todas que leban feitas)
XII. La venganza de Gaia: É o xuizo que a nai natureza fai (tamen ten recordos a grupo antigos como Kuin)
Bueno como ves cada canción te o seu por que. Tamen decirbos que Mago de Oz ocupa o posto numero un nas listas dos discos máis vendidos, e é o grupo rock que máis vede en España e en voa parte de Europa.
COMPOÑENTES DE MÄGO DE OZ
Ano 2000 (FinisTerra)
Txus Di Fellatio: batería percusión e coros.
Mohamed: violín
Carlitos. guitarra
Frank: guitarra e coros
Sergio: baixo
José “El Rey”: voz e coros
Sergio Cisnero “El quisquilla “ : piano, hammond, acordeón, teclados, e suas cousiñas.
Fernando Ponce De León: Frauta Traveseira, Wistle e gaita en “FinisTerra”
PAXINAS WEB OFICIAIS
Htt:// magodeoz.com magodeoz a noriteme.com
www.planetagaia.com www.magodeoz.com www.univershop.net www.locomotivemusic.com
OUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Contratacións:
Aire de Música . C/ Pelayo,76:local. 28004 Madrid.
Tlf.:917 00 04 43, Fax: 913 19 79 46.
E-mail: aire _demusica ahotmail.com
UNIVERSHOP.AP/de correos 116 094. 28080Madrid (pedidos de articlulos)
Club de amigos de Mägo de oz “cabrones”
Apartado de correos 265. 28.914 – Legaés (Madrid)
LOGOS E MELODÍAS E COMPRA DE ARTICULOS DE MAGO DE OZ:
Tonos: Claves
Mago “Mago de oz” entender “el que quira entender que entienda”
Folk “Folktergeist” pagana “fieta pagana”
Cabrones “Cabrones/ cuernos” molinos “molinos de viento”
jesús “jesús de chamberi”” ancha “ancha es castilla” cuerpo “asta que el cuerpo aguante” danza “la danza del fuego” satania “satania” lago “el lago”
O Prezo(0,90)+ i.v.e
UMBRELA NÚMERO 5
HAIKU
Formas abstractas
feitas pola area na beiramar
A onda chega e apodérase
delas.
Raquel Est{evez Rodriguez 2° A
Hoxe é o día, primeiro concerto. É luns pola tarde e vamos a tocar no I.E.S. Illa de Ons.
Nos pecharemos o curso, un curso cheo de anécdotas, pero empezaria unha nova vida.
Temos sorte, hai publico, aínda que esta obrigado, pero servenos igual.
Non hai nervios, pois estamos coma na casa, pero estamos mirando o futuro.
Esperarianos un veran bo, ainda que acabamos de empezar.
Permite que nos presente:
Eu son “BYKTOR” teclista do grupo aínda que domino moitos instrumentos.
Seguro que coñecedes a JAVI é o vocalista, mundialmente coñecido pola cresta.
MANÚ guitarrista e especialista en facer festa. Desprende ruido coa sachadora en man.
Desde a guerra temos a Pablo que en vez de metralleta dispara coa guitarra.
Co acordeón sempre nunha man e na outra sabe Dios que, Gary.
Con esa voz tan doce sempre abraiante temos de corista a Aida.
E batería non por moito tempo M. Pedrouso.
E non me podo olvidar do noso técnico (non teño ben claro de que) a porte de son Yago.
Despois do concerto fomos todos a ve-lo video da actuación, e a tomar uns refrescos mentre comentamos todo o ocurrido nese primeiro concerto.
Eu ainda habia dous dias que entrara no grupo, pero foime doado integrarme con só dous ensayos. Dende aquel dia ensaiamos duas/tres veces por semana.
Ata que no dia de San Mamede tocamos na casa de Manuel Pedrouso.
Unha semana despois chegounos unha oferta para tocar na primeira edición do desfile “Bueu Moda” e procuramos ensaiar mais e conseguir máis material.
Manuel Pedrouso deisou de asistir os ensayos por motivos personais, e tivemos que chamar a outro bateria, o cal tiña máis experiencia, e máis é primo do guitarrista.
Asi estariamos a formación que traballou este verán.
Para esta actuación ensaiamos moitos dias ata longas horas da madrugada.