4/21/2009

UMBRELA Nº 12


Visita ao Acquariumgalicia do Grove.



Aida Queimaño Soage e Alba Rial Vidal.

O 2/3/2009 saímos do colexio alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO cara ao Grove ás 9:00 da mañá. A iso das dez chegamos ó acuario do Grove. Fixemos unha visitas guiada onde nos explicaron os catro tipos de ambientes acuáticos onde poden habitar os peixes de Galicia. Primeiro comezamos polo peirao, onde é típica a dourada. A estes peixes gústanlles agocharse entre os paus de madeira do porto. É fácil diferenciar o sexo do que son pola mancha que teñen nas que serían as súas tempas.

Seguidamente, explicáronnos que a hurta e o pargo viven cerca da praia e onde tamén son comús a centola e a nécora, dous crustáceos moi típicos das nosas costas.

Despois dixéronnos que o sargo e o besugo habitan entre as bateas.

As bateas son plataformas das que penduran numerosas cordas que conteñen mexillóns, e moluscos como as vieiras e as ostras, as máis grandes chamadas ostións. As cordas das bateas só poden medir doce metros, posi de chegares ao fondo do mar as estrelas de mar comerían a colleita de mexillóns.

Por último faláronnos das morenas máis coñecidas por serpes de mar debido á súa forma alongada. Estas adoitan esconderse entre os buratos das rochas, e aínda que non son velenosas son peixes que comen moita basura e xa que os seus dentes son moi afiados unha mordedela delas poden infetarte moito.

Antes de marchar ó autobús, deixamos atrás as costas galegas e demos un percorrido polas cálidas augas occidentais e observamos peixes de cores moi vistosas, como o peixe paiaso e o peixe ídolo moro.

Finalmente observamos diversos tipos de quenllas e raias e un peixe moi curioso, trátase do peixe guitarra.

Xa fóra da sección dos peixes, visitamos unha estancia chamada zona de granxa, onde observamos unha especie de piscifactoría, dúas nutrias e unha foca en pleno proceso de recuperación, pois foi atopada ferida nunha praia.

Xa fóra do acuario embarcámonos nun catamarán e tomamos rumbo á ría de Arousa. Alí observamos pequenos barcos pesqueiros de baixura.

Faláronnos das bateas e do proceso de cultivo dos mexillóns, ostras e vieiras. Despois deixáronnos observar o fondo mariño. Xa rematada a nosa travesía polo mar, paramos preto dunha cafetería a xantar.

Pola tarde voltamos ó acuario, onde nos contaron o noso parecido cos cetáceos. Contáronnos cousas moi interesantes a cerca das baleas como: que as baleas comunicábanse con cantigas que se foron transmitindo de xeracións en xeracións e que por culpa da

contaminación acústica, como o ruído dos barcos ou pola contaminación en sí ou tamén pola sua caza, pois o número de baleas que existe no mundo, cada ano e máis reducido.

Chegados a este punto tivemos que voltar ao colexio. Onde aproximadamente chegamos ás cinco e media.

Esta excursión fíxonos reflexionar a cerca do mundo que nos rodea e fixo darnos conta do pouco que sabemos do marabilloso fondo mariño deste pequeno planeta, do inmenso universo.

Nenhum comentário: