12/22/2020

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA EN GALEGO.

   A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou as seguintes guías de lectura e música en galego. Unha oportunidade de facer agasallos para familiares e amistades.


6/24/2015

Que bonita a vida


Artigo da revista Umbrela Nº 20

Que bonita a vida.

Sara Álvarez Cerviño 3A
Unha mañá dun día calquera, dun ano que non me lembro, erguinme pensando en nada, cunha estraña sensación. Levaba a camiseta do revés e na radio soaba una canción, a chamada “Que bonita la vida” de Dani Martin.
Camiñei ata encontrar o meu caixón, onde eu gardaba o meu diario, collino e escribín.
Pasaba o tempo. Os minutos cada vez facíanse máis longos e a canción non paraba de soar: remataba e volvía ao principio, parecía todo programado, dende a música ata a miña mente.
Empezou a doerme a cabeza pero seguín escribindo, nese momento non podía parar, tiña que continuar e explicar o que sinto, que nin eu o sei.
Y tan bonita es que a veces se despista”, dicía a frase.
Podía ser que hoxe a miña vida se estivese despistando, todo tan estraño, unha dor no peito, una rabia por todo o que pasaba pola miña cabeza nese momento.
Que bonita la vida, que regalo tan grande que luego te lo quita”.
Máis dor volveu ao meu peito, deixándome sen palabras, sentindo nada, pechando e abrindo os ollos sen ver nada, nada como eu quería ver.
Cansei de sentir esa música nos meus oídos.
Non paraba de soar! Acabei por tirar o diario ao chan e pegar un berro para que me axudasen.
Arrimeime contra una esquina con moito medo. A canción non paraba e eu estábame volvéndome tola. Desaparecín, desaparecín do mundo. Onde estou?

O MUNDO TAL E COMO É


Artigo da revista UMBRELA Nº 20

O MUNDO TAL E COMO É

O mundo está cheo de incógnitas. Moitas sen resposta e outras cunha explicación aínda por atopar.
No tempo que levamos os seres humanos habitando neste planeta, fixemos grandes avances. Tanto na tecnoloxía, coma na ciencia, coma na cultura… Fixemos a nosa vida máis cómoda pero… é xusto beneficiarnos a costa doutros? A resposta é clara: Non.
Obrigamos a que o resto dos seres vivos vivan en pésimas condicións pola nosa culpa, é dicir, están pagando as consecuencias dos nosos actos. E sabendo isto intentamos arranxalo? Non.
Sei que este exemplo faise moi reiterativo, sen embargo, é o máis claro e máis fácil de entender.
Todo é unha cadea, se unha conexión falla, a cadea rompe.
Comecemos con algo sinxelo para ver ata onde chega.
Unha persoa colle un coche para dirixirse ao traballo. Ata aquí todo normal, non si? Vale, imaxinemos esta acción con todos os habitantes da Terra. A contaminación que producen é bastante grande e tan só estamos falando deste movemento cotián. Transformémolo a gran escala, sumemos a contaminación que producen todas as fábricas de toda clase de produtos para o consumo humano.
A maior parte dos obxetos que atopamos ten como orixe unha fábrica.
Vivimos nun mundo consumista, no que dependemos da enerxía eléctrica e dos produtos industriais.
Velaquí a gran pregunta: Somos capaces de convivir en equilibrio co planeta e á súa vez manter a comodidade e a tecnoloxía que dispoñemos na actualidade? Para min resúltame difícil e a mesma vez fácil de responder. Sinceramente, eu creo que se somos capaces de construír cidades e de inventar grandes cousas, por que non poderiamos convivir en equilibrio? Todos o fan. O problema é que non queremos xa que teríamos que prescindir de moitas cousas e iso a algunha xente non lle convén.
Pero ata que non nos decatemos do que está pasando e fagamos algo, isto vai seguir sucedendo.
Tapámonos os ollos convertémonos en ignorantes. E sendo ignorantes somos fáciles de manipular por outra xente.
A nosa maior cualidade é a capacidade de expresarnos e defender as nosas ideas. 
                                                                       ANA QUEIMAÑO

6/03/2014

Regueifas .Maio 2014

Taller de regueifas que impartiron PINTO DE HERBÓN E O CARUNCHO  aos alumnos de 3º e 4º da ESO.


6/10/2013

UMBRELA 18


Artigo da revista UMBRELA N º18
Serei un ser único quizais

María Tenorio Solla 3ºB
Tendemos a non valorar as cousas, a esquecelas, deixalas pasar e, ultimamente a non darlle valor ou importancia ás que máis o requiren. Será por crer ter todo, si, é iso polo que deixamos de valorar os pequenos detalles como o de facerte a durmida cado oes a túa nai, que entra no teu cuarto, e aínda pensando que estás durmida murmurarche un ‘quérote’ xunto cun bico.
Hoxe preferimos valorar o ter un bo móbil para poder presumir diante dos demais, e onde queda todo o demais? O demsis, si, ese demais, o que máis importa, detalles, unha palabra que aínda que só sexa unha das miles que escoitaches ao longo do día só recordas esa, será por algo, non si?. Que pasa con ese calafrío que che pon os pelos de punta cada vez que escoitas a túa canción favorita?; con esas persoas que tantas veces cres que non están, que por algún motivo afastáronse sen razón pero xusto nese mal momento, onde máis o precisas, aí están, de novo amosándoche a súa axuda. Serei un ser único ao pasarme a min todas esas cousas, por ter a persoas marabillosas.

Unhas xa estaban, outras chegaron hai tan só dous anos, esas persoas que aseguras que nunca cambiarías, as que por moi mal que esteas sempre, sen saber como poden facelo, sácanche un feble sorriso, esas persoas que notas que necesitas, que coñecen todos e cada un dos teus defectos, que te aturan nos bos e nos malos días. Pensar e dicir, que sería un día de clase sen rirte coa piña que formamos ao fondo da aula? Que sería escoitar agora unha canción de Xoel e non recordar a quen brincou xunto a min no seu concerto? Ou, recoñecería un día sen que minutos despois de tocar o timbre anunciando o recreo non entrasen os tres da clase do lado? Como sería pasar un día sen escoitar un ‘a nosa pequena…’ saído da boca de papá? Ou ben sen valorar todos eses consellos que a cada segundo pode darche a túa irmá, esa irmá maior que, máis que iso, é unha nai? Eu podo dicilo, nada. Todo sería nada si non puidese ter, oír ou ver cada día algo de todo iso. Deixar de darlle importancia ao material e comezar a valorar o que sen custarnos cartos convértese cada día na nosa maior fortuna.

12/15/2012