Artigo da revista UMBRELA Nº 20
O MUNDO TAL E COMO É
O
mundo está cheo de incógnitas. Moitas sen resposta e outras cunha
explicación aínda por atopar.
No
tempo que levamos os seres humanos habitando neste planeta, fixemos
grandes avances. Tanto na tecnoloxía, coma na ciencia, coma na
cultura… Fixemos a nosa vida máis cómoda pero… é xusto
beneficiarnos a costa doutros? A resposta é clara: Non.
Obrigamos
a que o resto dos seres vivos vivan en pésimas condicións pola nosa
culpa, é dicir, están pagando as consecuencias dos nosos actos. E
sabendo isto intentamos arranxalo? Non.
Sei
que este exemplo faise moi reiterativo, sen embargo, é o máis claro
e máis fácil de entender.
Todo
é unha cadea, se unha conexión falla, a cadea rompe.
Comecemos
con algo sinxelo para ver ata onde chega.
Unha
persoa colle un coche para dirixirse ao traballo. Ata aquí todo
normal, non si? Vale, imaxinemos esta acción con todos os habitantes
da Terra. A contaminación que producen é bastante grande e tan só
estamos falando deste movemento cotián. Transformémolo a gran
escala, sumemos a contaminación que producen todas as fábricas de
toda clase de produtos para o consumo humano.
A
maior parte dos obxetos que atopamos ten como orixe unha fábrica.
Vivimos
nun mundo consumista, no que dependemos da enerxía eléctrica e dos
produtos industriais.
Velaquí
a gran pregunta: Somos capaces de convivir en equilibrio co planeta e
á súa vez manter a comodidade e a tecnoloxía que dispoñemos na
actualidade? Para min resúltame difícil e a mesma vez fácil de
responder. Sinceramente, eu creo que se somos capaces de construír
cidades e de inventar grandes cousas, por que non poderiamos convivir
en equilibrio? Todos o fan. O problema é que non queremos xa que
teríamos que prescindir de moitas cousas e iso a algunha xente non
lle convén.
Pero
ata que non nos decatemos do que está pasando e fagamos algo, isto
vai seguir sucedendo.
Tapámonos
os ollos convertémonos en ignorantes. E sendo ignorantes somos
fáciles de manipular por outra xente.
A
nosa maior cualidade é a capacidade de expresarnos e defender as
nosas ideas.
ANA QUEIMAÑO
Nenhum comentário:
Postar um comentário