María
Tenorio Solla 3ºB
Tendemos
a non valorar as cousas, a esquecelas, deixalas pasar e, ultimamente
a non darlle valor ou importancia ás que máis o requiren. Será por
crer ter todo, si, é iso polo que deixamos de valorar os pequenos
detalles como o de facerte a durmida cado oes a túa nai, que entra
no teu cuarto, e aínda pensando que estás durmida murmurarche un
‘quérote’ xunto cun bico.
Hoxe
preferimos valorar o ter un bo móbil para poder presumir diante dos
demais, e onde queda todo o demais? O demsis, si, ese demais, o que
máis importa, detalles, unha palabra que aínda que só sexa unha
das miles que escoitaches ao longo do día só recordas esa, será
por algo, non si?. Que pasa con ese calafrío que che pon os pelos de
punta cada vez que escoitas a túa canción favorita?; con esas
persoas que tantas veces cres que non están, que por algún motivo
afastáronse sen razón pero xusto nese mal momento, onde máis o
precisas, aí están, de novo amosándoche a súa axuda. Serei un ser
único ao pasarme a min todas esas cousas, por ter a persoas
marabillosas.
Unhas
xa estaban, outras chegaron hai tan só dous anos, esas persoas que
aseguras que nunca cambiarías, as que por moi mal que esteas sempre,
sen saber como poden facelo, sácanche un feble sorriso, esas persoas
que notas que necesitas, que coñecen todos e cada un dos teus
defectos, que te aturan nos bos e nos malos días. Pensar e dicir,
que sería un día de clase sen rirte coa piña que formamos ao fondo
da aula? Que sería escoitar agora unha canción de Xoel e non
recordar a quen brincou xunto a min no seu concerto? Ou, recoñecería
un día sen que minutos despois de tocar o timbre anunciando o recreo
non entrasen os tres da clase do lado? Como sería pasar un día sen
escoitar un ‘a nosa pequena…’ saído da boca de papá? Ou ben
sen valorar todos eses consellos que a cada segundo pode darche a túa
irmá, esa irmá maior que, máis que iso, é unha nai? Eu podo
dicilo, nada. Todo sería nada si non puidese ter, oír ou ver cada
día algo de todo iso. Deixar de darlle importancia ao material e
comezar a valorar o que sen custarnos cartos convértese cada día na
nosa maior fortuna.
Nenhum comentário:
Postar um comentário