Artigo da revista Umbrela Nº 20
Que bonita a vida.
Sara
Álvarez Cerviño 3A
Unha
mañá dun día calquera, dun ano que non me lembro, erguinme
pensando en nada, cunha estraña sensación. Levaba a camiseta do
revés e na radio soaba una canción, a chamada “Que bonita la
vida” de Dani Martin.
Camiñei
ata encontrar o meu caixón, onde eu gardaba o meu diario, collino e
escribín.
Pasaba
o tempo. Os minutos cada vez facíanse máis longos e a canción non
paraba de soar: remataba e volvía ao principio, parecía todo
programado, dende a música ata a miña mente.
Empezou
a doerme a cabeza pero seguín escribindo, nese momento non podía
parar, tiña que continuar e explicar o que sinto, que nin eu o sei.
“Y
tan bonita es que a veces se despista”, dicía a frase.
Podía
ser que hoxe a miña vida se estivese despistando, todo tan estraño,
unha dor no peito, una rabia por todo o que pasaba pola miña cabeza
nese momento.
“Que
bonita la vida, que regalo tan grande que luego te lo quita”.
Máis
dor volveu ao meu peito, deixándome sen palabras, sentindo nada,
pechando e abrindo os ollos sen ver nada, nada como eu quería ver.
Cansei
de sentir esa música nos meus oídos.
Arrimeime
contra una esquina con moito medo. A canción non paraba e eu
estábame volvéndome tola. Desaparecín, desaparecín do mundo. Onde
estou?
Nenhum comentário:
Postar um comentário