6/15/2011

Umbrela Nº 16 . Xuño 2011

Eu e Ons

Vanesa Martínez Gallego 2B

Eu levo viaxando á Illa de Ons dende que nacín. Teño alí unha casa, pero de pequena, encontrábase un pouco abandonada e paraba na casa duns familiares.

Cando eu tiña cinco anos, aproximadamente, arranxamos a casa dos meus bisavós, e comezamos a parar nela. Daquela inda se podían realizar obras na illa, e tampouco nos dixeran nada de que non puidésemos.

A maior parte da xente de Ons pertence ás mesmas familias, e a maioría viven en Bueu.

Acórdame da miña infancia, que cando íamos moitos amigos á casa e non estaba arranxada, debiamos durmir polo chan en colchóns, e pasabámolo moi ben. En tres habitacións durmiramos unhas vinte persoas. Agora xa non levamos amigos, porque coa familia alí, os rapazas e rapaces somos moi bos amigos e sempre estamos xuntos.

Tamén me lembro de coller amorodos.

Agora conto alí con moitos amigos novos e gústame moito pasar as miñas vacacións en Ons. Viaxo todos os veráns, e desexo que chegue o verán para volver denovo e encontrarme con eles, a ainda que os miro por aquí á maioría, alí pasámolo moito mellor, sen Internet, sen televisor, sen videoxogos, e imos á praia, a pasear, xogamos ás cartas...

Así son todos os anos as miñas vacacións na Illa

Nenhum comentário: