1/29/2008

umbrela número 5.lendas e mitos de Cela

LENDAS

E

MITOS

DE

DE

CELA



LENDAS E MITOS DE CELA (1)

Borja Estévez Padín 4º B

FONTE DOS GATOS

No lugar do Souto, ó outro lado da estrada onde se atopa a fonte do mesmo nome ou dos Remedios, existía baixando uns pasos de escaleira, a fonte dos Gatos.

Contan que, hai moitos anos, un rapaz foi buscar auga cun xerro; pero en lugar de auga a fonte botoulle trigo. O neno asustado marchou para casa co xerro baleiro. O chegar contoulle ós seus o acontecido. A nai díxolle que fose correndo a encher o xerro pero cando chegou botaba auga de novo.

FONTE DOS REMEDIOS

No mesmo lugar do Souto contan a lenda da rapaza que foi á auga e saíulle ouro en vez de auga, o que foi recoñecido por todos como un milagre.

PEDRA DA LIÑAZA

Cerca dos tres camiños, na noite de San Xoán, antes de saír o sol, aparecía liño a secar e unha persoa que cho ofrecía.

Cóntase que esta aparición ocorríalles ás persoas retrasadas.

PEDRA DA LIÑAZA II

En Coteleiro, cerca dos tres camoños, no día de Corpus ás doce do día sae unha princesa vestida de virxe ou disfrazada de galiña con pitos.

A VOLTA DO PINO

Ás doce en punto da noite de San Xoán, na volta do Pino (Loureiro), na parte de arriba da actual estrada, os donos dunha casa saíron á eira a coller sementes de fento debaixo da viña (por estar máis protexido polas estacas en cruz) para colocala nunha tea unha vez apañada. A intención de recolectar esta semente era que no día de San Xoán lle dese o sol para que a convertese no dourado.

Cando estaban colléndoa tiveron que escapar para dentro da casa xa que alguén ou algo lles meteu medo. Unha vez que se atopaban no interior abriron a tea para limpar a semente, nisto empezou a saltar e non a viron máis: desaparecera.

LENDA DO XISTRO

Había antiguamente unha árbore neste lugar na que se facía meiguería. Unhas bruxas facían un círculo ou un triángulo. Uns nenos que foron xogar miraron aquelas manobras. De súpeto, comenzou a oscurecer e desencadeouse unha gran tormenta. Os nenos marcharon correndo ó mirar facer bruxería a aquelas vellas.

Cada día de treboada volvía suceder o mesmo. Para resolver esta situación, nun fortísimo temporal, os nenos acompañados por unha persoa maior trazaron no chan un círculo de sol e auga bendita: todo desapareceu e a árbore secou.

LENDAS E MITOS DE CELA (2)

Borja Estévez Padín 4º B

A PEDRA DA CROBE

Na antiga casa do Bughán existía unha pedra, hoxe xa moi gastada, que serve para extraer o veleno das picaduras das serpes.

Coméntase que esta pedra chegara de Cuba, aportada por un antepasado familiar.

A pedra traía un documento sobre as súas virtudes e uso:

As admirables virtudes da pedra serpe procedente das Indias.

En moitas provincias das Indias Orientais e principalmente no Quansi, nacen certas serpes moi velenosas, con pelo na cabeza, e chámanse “serpes peludas”, atopándose na súa cabeza unha pedra de grandes dimensións.

A súa cor ven a ser negra con algunhas manchas cinsentas. A pedra para coñecerse se é boa ou falsa, arrimándoa ós beizos debe pegarse fortemente. Aplicada a pedra sobre a mordedura ou picadura de calquera animal venenoso, logo pégase e chúpase todo o veleno caendo despois por si mesma, deixando a persoa ofendida, san e libre. Despegada a pedra métese nun pouco de viño ou auga e déixase un pouco de tempo co obxecto de que largue todo o veleno, e despois levándoa moi ben consérvase para outras ocasións.

Se despois de caída a pedra da parte ofendida, continuase a dor, despois de lavala, aplicarase outra vez e continuarase desta maneira ata que a dor se quitara enteiramente; porque mentres houbese veleno sempre se pegará a pedra.

Se acaso a mordedura estivese xa pechada é preciso abrila coa punta dunha navalla para que a pedra se agarre mellor.

Aplicada dita pedra sobre a mordedura de cans, víboras sarabandixas, escorpións, arañas, avésporas ou outro animal velenoso sanda en breve.

A pedra aplicada sobre tumores malignos e outros males semellantes, abriremos un poco para que se poida agarrar a pedra e chupar brevemente todo o tumor.

A pedra feita po, bebida con viño ou auga, bota fóra calquera veleno por mordedura de animal velenoso, inda que se introducira na parte interior.

Co feliz éxito está probada por moitos para curarse úlceras, chagas e outros vultos exteriores.

Principalmente sana de todo inchazón, cravadura de estela, ferida ou tumor acanchado.

FONTE DE SAN LOURENZO

Dise que a auga desta fonte ten propiedades milagreiras: servía para lavar as espullas, chagas e feridas.

Se se leva para casa dura de oito a quince días fresca, como recén collida.

Cando se bebía ó ir traballar ás tomadas que se tiñan polas proximidades, notábase como toraba os dentes, aínda nos días de máis calor.

Era costume que na noite de San Xoán fose a mocidade en parranda a lavar a cara porque tiña virtude.

Nesta mesma fonte, tamén na noite de San Xoán aparecíase unha galiña con pitos de ouro.

A fonte está moi preto da ermida do mesmo nome e aínda cando se celebra a romaría, son moitos os romeiros que ó remate do cantar baixan garrafas ou botellas, coñecedores das excelentes propiedades da auga.


LENDA DO CASTELO

Neste Lugar reuníanse tres bruxas a facer os círculos de Salomón. Un rapaz que sempre sogaba por alí, mirou como ó facelas prestábase un xigante cun curro cheo de ouro e tesouros; aparecía cando as bruxas querían.

O neno contoullo ó cura e dicidiron ir ó lugar para observar detidamente o que pasaba.Cando as bruxas remataron, eles fixeron o mesmo: aparecéulles o xigante co carro cheo de riquezas.

¡Meu deus! Exclamaron a unha.

O nomear a palabra santa desapareceu o carro, o xigante e os tesouros.

A PEDRA DO CAPITÁN


No monte da Barraca, fálase dunha pedra de grandes dimensións usada de marco para soportar as terras de Bueu e Hermelo, na que se colocaron as iniciais HLO. Nesta pedra dise que morreo un capitán cando estaba dando ordes ós seus soldados.

Nenhum comentário: