12/15/2012

6/14/2012

XA ESTÁ LISTA A REVISTA UMBRELA Nº 17!

Carta as augas cálidas do Polo Norte.

Sara Menduíña Soage 3A

(TEXTO QUE VAI NA REVISTA UMBRELA Nº 17)

Venres, día dezanove do mes máis frío do ano. Fóra, intúo polo soprar do vento contra os cristais da miña pequena ventá, vai moito frío. Pero estou completamente seguro de que vai moitísimo máis frío aquí, neste pequeno cuarto baleiro e con calefacción, que alí fóra, nesas rúas cheas de xente abrigadas con bufandas e luvas que intenta desesperadamente resgardarse do vento xeador. Supoño que vai moito máis frío aquí dentro debido á dor da soidade que sinto nestes momentos. Non hai nada peor que vivir os días fríos dun inverno sen ti.

Atópome sentando no chan deste cuarto, ollando as catro paredes que desde hai sete días están pintadas de recordos, respirando o olor a whisky barato do supermercado da esquina, o olor do fume dos tres cigarros que se consumiron tan rápidos coma o tempo, o olor do aborrecemento e da soidade.

Fóra imaxino que estarán crecendo bicos que algún día se darán. Boquexarán os donos de flexos acendidos ás doce da noite debido ao insonmio provocados, seguramente, polo pesar dun amor fracasado ou non correspondido. Moitos crentes do amor estarán volvendo ao seu fogar a intentar quentarse entre eles nestes días fríos. Non hai nada mellor que ter unha relación no inverno. E mentres, eu, aquí sentado no chan deste cuarto baleiro, neste cuarto que antes era un cuarto cheo de amor e atracción, agora só é un mar soitario no que eu poco a pouco vou naufragando. Levo sete días sendo o Titanic, sete días colisionando contra icebergs imaxinarios, sete días naufragando…sete días morrendo. Eu fun, ao igual que aquel buque noutros tempos, un ser grande e luxoso que saía da casa vestido sempre cun estúpido sorriso crendo que o amor era sinónimo de felicidade, sen querer caer na conta de que cada día que pasaba eu convertíame máis nun iceberg que nun buque. Sempre fun o xeo e ti o lume que intentabas derreterme. Sen darnos conta fomos coma os polos magnéticos dun imán, “os polos iguais repélense e os polos distintos atráense.” Eu o sur, ti o norte.

Cando alguén nos pregunta que queremos é difícil contestarlle. Até hai dous anos eu quería soidade e agora desde hai sete días necesito compañía, pero soamente a túa. Bótote en falta.

Abro a fiestra para fumar outro cigarro. Os meus pulmóns vólvense a encher de aire cargado de osíxeno, teño que dicir que este cuarto está repleto de aire contaminado. Pero ese aire puro dura pouco no meu corpo, uns segundos antes de volver a contaminalo cunha gran dose de alcatrán. Estou vendo a rúa sen mirala. Vexo a túa saia azul de lunares brancos e aquela blusa branca e transparente que con tanta calma desabotoaba. Vexo os teus ollos sen maquillar. Vexo os teus cabelos mollados despois dunha ducha de cinco minutos. Vexo o teu sorriso despois dunha noite intensa. Vexo as túas bágoas despois das palabras que xamais deberían ter saído da miña boca. Vexo a túa mirada de decepción ao verme chegar a casa ebrio. Vexo a dor no teu rostro. Vexo como, pouco a pouco, apagábaste. Vexo como tantos erros meus conducíronte a dor, a miña dor, a túa dor. Comprendo que eu non teño dereito a queixarme porque te afastaras de min. Eu tamén me afastaría de min se puidese.

E agora transcorren os segundos como se fosen horas neste cuarto a escuras. Cando ti estabas, atopábaste ao meu carón, os días pasaban como o fume dos nosos cigarros.

Como a marcha dunha persoa pode facer tantos cambios noutra?. Xa non son un bloque de xeo, estou completamente queimado, cheo de buracos provocados pola túa marcha. Non sei como encher eses buracos de xeo de novo. Aprendín que cando ti estabas aquí non valoraba o moito que necesitaba os teus ollos, os teus bicos, as túas apertas, o teu amor, a túa presenza…E agora que non estás doume de conta do moito que preciso que esteas aquí, ao meu carón, dicíndome que todo vai a ir ben, que todos os barcos saen a flote. Pero este mar cada día vaise convertendo máis en xeo, e este barco vaise encallando cada vez máis nel. Os barcos non flotan no xeo, non tiveches iso en conta.

Os recordos voan sobre a miña cabeza coma o fume deste cigarro. Cada calada un novo recordo. Estou nunha cafetaría, ti levas un vestido vermello coas costas ao aire e o pelo ao vento. Acércaste a min e pregúntasme se quero tomar algo. Pillárasme coa garda baixa, sorprendeume que unha moza coma ti invitara a un tipo coma min a tomar algo. Acepto, e despois de horas e horas de charla continúa decido tomar a iniciativa e invitarte a pasear baixo as estrelas de Barcelona. Dúas horas de paseo fan que me namore de ti. Bícasme e desapareces.

Outra calada. Estamos na cama do que antes era o noso piso. Ti estás espida e cos cabelos completamente alborotados e só a saba branca cobre o teu corpo. Tes un sorriso, estás feliz. Abres os ollos. Volvo a ver ese marrón cálido neles. Desapareces.

Outra calada. Topámonos nunha rúa solitaria. Está chovendo pero non levamos paraugas. Tes o cabelo completamente mollado e a camiseta pegada ao corpo tamén moi mollada. Chámote porque non paras de bailar, pareces unha nena pequena, dígoche que temos que volver a casa. E ti acercaste e disme que non podemos desperdiciar a chuvia. Eu non entendo o que dis, pero estás tan fermosa. Bícasme. Sabe a…Desapareces.

Outra calada. Estou ebrio. Ti estás falando nun ton algo elevado, pero non te escoito. Non paras de chorar. Sinto a necesidade de dicirche que non quero verte chorar pero en lugar diso sóltoche que es unha chorona e que necesito o meu espazo. Déitome no sofá e escoito como colles as chaves e cerras a porta. Desapareces.

Outra calada. Chego á casa despois dunha intensa xornada de traballo. Entro e berro meu amor xa estou aquí, boteite de menos. Non respondes. Entro na cociña esperando encontrarme cos teus ollos ardendo de ganas de bicarme en no lugar diso encontro un post-it no que anuncias a túa marcha para non volver. Caio no chan. Desapareces.

As bágoas comezan a escorregar polo meu rostro. Fan carreiras a ver cal é a primeira en coarse na miña boca. Tiro o cigarro. Non podo seguir fumando o acabarei afogando nas miñas propias augas.

Consulto o reloxo. Son xa as doce da noite. Métome na cama. As sabas inda conservan o teu olor. Se estiveras aquí agora chamaríasme sucio, estou seguro. Hai sete días que non lavo as sabas. Tamén hai sete días que non durmo por culpa delas. Hai sete días que durmo no chan con elas ao meu carón coma un neno pequeno.

Escoito os coches acelerar. As Cinsentas de saldo e esquina a facer o seu traballo. Os xóvenes aloucados beber coma se non existise mañá. As nais sentadas no sofá cun flexo acenso esperando preocupadas polos seus fillos. Os estudantes cos nervios a flor de pel preocupándose porque o reloxo xa marca as doce. Os bicos dos namorados baixo as estrelas. Escoito vida. E eu aquí tirado no chan, respirando o teu olor, máis morto ca vivo.

A temeridade só sabe medirse en pasos, e a valentía é todo iso que aprendes despois de saír correndo unhas cantas veces mentres outros quedaban loitando. Ao teu carón encontrei moito máis do que estaba agardando.

Comezo a pensar que isto non vai cambiar. Levo 10.080 minutos naufragando, o afundimento fáiseme eterno.

Cando terminara toda esta dor? Todo este botarte de menos? Todos estes recordos? Todos estes medos? Todas estas inseguridades? Todas estas bágoas? Cando terminarei de quererte?

Xa sei a resposta e non podo evitar afundirme un pouco máis. Nunca. Pois ninguén xamais conseguira que eu soltase unha lágrima de pena. Que pasase horas e horas mirando unha fotografía. Que non lavase as sabas para conservar un olor. Que non poida entrar nun cuarto do meu piso por medo a esvaecerme. Que lea vinte mil veces as listas da compra escritas por ela. Que chore ao ver o post-it no que se despedía de min. Que chame por telefóno cun número oculto para escoitar a súa voz e despois colgar. Que non poida durmir. Que non poida nin tan sequera fumar un cigarro sen recordar…Que non poida vivir.

Agora ti estarás vestíndote para ires traballar. Alí tan lonxe de min, deben ser xa as oito. Imaxino os teus cabelos alborotados que tanto me gustan cando espertas. Imaxino como vestes as medias e pos a falda negra do uniforme. Como te acercas ao espello para maquillares eses ollos cansos e esa boca triste. Como calzas os tacóns e saes á rúa na que os homes baten cos farois ao verte tan bela e á vez tan diferente ás demais mulleres. Pero desde aquí, desde tan lonxe de ti, estou completamente seguro que ninguén poderá ver o fermosos que son os teus ollos sen maquillar, o embriagante que é o olor do teu cabelo ao espertar, o guapa que estás con roupa vella e rota. Ninguén poderá namorarse como eu me namorei deses pequenos detalles, das túas seiscentas clases de sorrisos, das túas bágoas, da túa saliva, dos teus pés, da túa vida.

Sabías que o Titanic tardou soamente dúas horas e corenta minutos en afundirse por completo? Eu levo sete días e oito horas afundindome.

Son xa as oito da mañá. Abro a ventá. A rúa volve a estar chea de xente, mulleres que esperan na porta da praza para ser as primeiras en colleren o mellor ao prezo máis barato, nenos que xogan a pelota na rúa, nais que corren detrás deles, adolescentes con mochilas ás costas dispostos a dirixirse a ese centro que tanto aborrecen… É incrible como o mundo segue xirando mentres ti estás parado mirando como todo ao teu arredor segue en marcha. As horas pasan. A xente vai e volve. As persoas crecen e morren. Os coches chegan e regresan. A vida pasa e pasa. E ti sen saber como convérteste nun espectador que observa con detemento todas estas pequenas cousas mentres pouco a pouco tamén vas morrendo aínda que xa vivas sen vivir.

A miña vida pasa diante dos meus ollos coma unha película a cámara rápida. Non teño nada do que sentirme orgulloso. Alguén dixo algunha vez que errar era de sabios. Nunca estiven tan en desacordo. Cometín tantos erros en tan pouco tempo e grazas a eles perdín o único lume que quentaba a miña vida. Nunca pensei que ser imán fose tan insufrible, e máis ser o Polo Sur do imán.

A ansiedade comeza a impedirme respirar. As bágoas afogan os meus ollos. Os recordos impídenme seguir alí tirado no chan dese cuarto. Collo as chaves, só por costume, pois non teño pensado volver. Abro a porta por última vez e a pecho.

Camiño á présa polas rúas cheas de xente que contesta de forma groseira os meus empuxóns. Pouco a pouco vou espíndome. O termómetro da farmacia marca menos dous graos centígrados. Vai moito frío. Pero eu xa non sinto nada. A rabia e as bágoas impídenme pensar con claridade e a visión anúbraseme por completo. Sinto a ollada preocupada e sorprendida da xente que me rodea. Estou completamente espido e camiñando cada vez máis á présa cun único obxectivo. Non sei se me volvería tolo de todo, pero sempre fun de ideas fixas. Os dedos dos pés descalzos senten a area fría entre eles. Comezo a correr. Levo sete días e oito horas naufragando. Postos a naufragar mellor facelo: introdúzome nas frías augas do mar. Cada vez afúndome máis. Vexo a túa saia de lunares brancos. Pero esta vez non saio á superficie.

P.D: Eu tamén te boto de menos, Polo Norte.


6/15/2011

Umbrela Nº 16 . Xuño 2011

Eu e Ons

Vanesa Martínez Gallego 2B

Eu levo viaxando á Illa de Ons dende que nacín. Teño alí unha casa, pero de pequena, encontrábase un pouco abandonada e paraba na casa duns familiares.

Cando eu tiña cinco anos, aproximadamente, arranxamos a casa dos meus bisavós, e comezamos a parar nela. Daquela inda se podían realizar obras na illa, e tampouco nos dixeran nada de que non puidésemos.

A maior parte da xente de Ons pertence ás mesmas familias, e a maioría viven en Bueu.

Acórdame da miña infancia, que cando íamos moitos amigos á casa e non estaba arranxada, debiamos durmir polo chan en colchóns, e pasabámolo moi ben. En tres habitacións durmiramos unhas vinte persoas. Agora xa non levamos amigos, porque coa familia alí, os rapazas e rapaces somos moi bos amigos e sempre estamos xuntos.

Tamén me lembro de coller amorodos.

Agora conto alí con moitos amigos novos e gústame moito pasar as miñas vacacións en Ons. Viaxo todos os veráns, e desexo que chegue o verán para volver denovo e encontrarme con eles, a ainda que os miro por aquí á maioría, alí pasámolo moito mellor, sen Internet, sen televisor, sen videoxogos, e imos á praia, a pasear, xogamos ás cartas...

Así son todos os anos as miñas vacacións na Illa

SEMANA BRANCA 2011 (PAJARES)

Umbrela Nº 16. XUÑO 2011

Semana Branca: Estación de esquí Valgrande-Pajares.

Entre o 27 de marzo e o 1 de abril de 2011, alumnas e alumnos de 2º de ESO practicaron esquí na estación de Valgrande-Pajares, en Asturias.


Umbrela 16.Xuño 2011

Umbrela Nº 16
Coin.

Idoya Cancelas León 4ºB

Só teño unha moeda no meu peto. Douche a opción. Cóllea. Cóllea e con ela colle o autobús de volta a casa. Pero esa moeda non é suficiente para regresares ao meu lado.

Aínda a pesar das consecuencias, colle a moeda, se así vas ser feliz.

Pero recorda: debes devolverma.

E non me chames cutre. Non. Chámame obsesiva por buscar una excusa para volverte a ver.

3/08/2010

A plana de Josuha.

A plana de Josuha. (Josuha Acuña Martínez. 4ºB)

Esta plana foi publicada no número anterior, mais produciuse unha equivocación e colocouse do dereito, co que a historia perdía o sentido. Publicámola agora como debía ter sido colocada no anterior número.

Publicado en Umbrela número 13.






11/09/2009

magosto .Novembro 2009

10/24/2009

350, MÁXIMO DE CO2 NA ATMOSFERA

Os alumnos-as do IES "illa de Ons" de BUEU, participaron hoxe véspera do 24 de outubro na acción ecoloxista máis grande da historia, o movemento 350, que promove concentracións en todo o planeta para que os líderes mundiais se sintan respaldados pola sociedade na toma de medidas efectivas contra o cambio climático.


6/08/2009

Firmas apoio manifesto




http://www.coordinadoraendl.org/web/index.php


Coordinadora Galega de ENDL

QUE É UN ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)?

É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente.

A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.

QUE É A COORDINADORA GALEGA DE ENDL?

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) é unha plataforma creada coa intención de coordinar actividades e experiencias, e ademais servirlle de voz pública aos ENDL que traballan nos centros de ensino.

Está formada por Equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando en prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o noso Estatuto de Autonomía.

QUE QUEREMOS?

  1. QUE a lingua galega siga sendo parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.
  2. QUE se garanta que todo o alumnado sexa competente nas dúas linguas cooficiais da Comunidade ó final do ensino obrigatorio. Só a partir do coñecemento e da ausencia de prexuízos lingüísticos é posible a liberdade de elección de linguas.
  3. QUE na actual situación sociolingüística de Galicia, na que o galego está a perder falantes como demostran os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiciao sistema educativo ofreza ó alumnado espazos de uso, porque as linguas apréndense usándoas.
  4. QUE non se discrimine o alumnado por razón de lingua, tal e como se regula na Constitución Española no artigo 14 e no Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 5.4.
  5. QUE o noso alumnado estea formado para poder desenvolverse nunha Europa plurilingüe. Diversos estudos demostran que o alumnado de comunidades bilingües obtén iguais ou mellores resultados académicos cós das comunidades monolingües.

Apoia ao galego coa túa firma
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

5/20/2009

NAVEGANDO A VELA!!!

Os pasados días 6, 8 e 15 de maio os nosos alumnos de 1ºESO participaron nun curso de iniciación á navegación a vela organizado polo Club Náutico de Beluso. O mércores 6 tivemos unha sesión teórica no ximnasio do centro para a cal os monitores trouxeron un “optimist” no cal impartiron algunhas nocións básicas. As prácticas tiveron lugar os venres 8 e 15 pola tarde e nelas navegaron pola enseada de Bueu acompañados polos monitores e con eles practicaron viradas, ceñidas, través e algún que outro baño refrescante fronte a praia de Agrelo. Non estaría mal que algún continuase practicando este fermoso deporte nas instalacións do Club Náutico de Beluso.


4/21/2009

UMBRELA Nº 12


Visita ao Acquariumgalicia do Grove.



Aida Queimaño Soage e Alba Rial Vidal.

O 2/3/2009 saímos do colexio alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO cara ao Grove ás 9:00 da mañá. A iso das dez chegamos ó acuario do Grove. Fixemos unha visitas guiada onde nos explicaron os catro tipos de ambientes acuáticos onde poden habitar os peixes de Galicia. Primeiro comezamos polo peirao, onde é típica a dourada. A estes peixes gústanlles agocharse entre os paus de madeira do porto. É fácil diferenciar o sexo do que son pola mancha que teñen nas que serían as súas tempas.

Seguidamente, explicáronnos que a hurta e o pargo viven cerca da praia e onde tamén son comús a centola e a nécora, dous crustáceos moi típicos das nosas costas.

Despois dixéronnos que o sargo e o besugo habitan entre as bateas.

As bateas son plataformas das que penduran numerosas cordas que conteñen mexillóns, e moluscos como as vieiras e as ostras, as máis grandes chamadas ostións. As cordas das bateas só poden medir doce metros, posi de chegares ao fondo do mar as estrelas de mar comerían a colleita de mexillóns.

Por último faláronnos das morenas máis coñecidas por serpes de mar debido á súa forma alongada. Estas adoitan esconderse entre os buratos das rochas, e aínda que non son velenosas son peixes que comen moita basura e xa que os seus dentes son moi afiados unha mordedela delas poden infetarte moito.

Antes de marchar ó autobús, deixamos atrás as costas galegas e demos un percorrido polas cálidas augas occidentais e observamos peixes de cores moi vistosas, como o peixe paiaso e o peixe ídolo moro.

Finalmente observamos diversos tipos de quenllas e raias e un peixe moi curioso, trátase do peixe guitarra.

Xa fóra da sección dos peixes, visitamos unha estancia chamada zona de granxa, onde observamos unha especie de piscifactoría, dúas nutrias e unha foca en pleno proceso de recuperación, pois foi atopada ferida nunha praia.

Xa fóra do acuario embarcámonos nun catamarán e tomamos rumbo á ría de Arousa. Alí observamos pequenos barcos pesqueiros de baixura.

Faláronnos das bateas e do proceso de cultivo dos mexillóns, ostras e vieiras. Despois deixáronnos observar o fondo mariño. Xa rematada a nosa travesía polo mar, paramos preto dunha cafetería a xantar.

Pola tarde voltamos ó acuario, onde nos contaron o noso parecido cos cetáceos. Contáronnos cousas moi interesantes a cerca das baleas como: que as baleas comunicábanse con cantigas que se foron transmitindo de xeracións en xeracións e que por culpa da

contaminación acústica, como o ruído dos barcos ou pola contaminación en sí ou tamén pola sua caza, pois o número de baleas que existe no mundo, cada ano e máis reducido.

Chegados a este punto tivemos que voltar ao colexio. Onde aproximadamente chegamos ás cinco e media.

Esta excursión fíxonos reflexionar a cerca do mundo que nos rodea e fixo darnos conta do pouco que sabemos do marabilloso fondo mariño deste pequeno planeta, do inmenso universo.

6/11/2008

REVISTA UMBRELA NÚMERO 11

Umbrela 11.

Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.

Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:


  1. Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.

  2. Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.

  3. Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.

  4. Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.

  5. Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.

  6. Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.

  7. Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.

  8. Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com

Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com

Umbrela: revistailladeons.blogspot.com

www.doussabores.zxq.net


5/22/2008

O Club dos Poetas Vivos

O Club dos Poetas Vivos. Desde outono de 2007 constituíuse un grupo de poetas en 3ºB: Agustín, Estrella, Tamara e Yoel. Neste número 10 de Umbrela dedicamos algunhas páxinas á súa obra, que está publicada integramente na rede.

. UN POUCO DE MÚSICA CON LORETTA MARTIN:

5/20/2008

LUAR NA LUBRE

5/14/2008

DIARIOS DE ADRIANA E JACKY

Diarios de Adriana e Jacky. Este é o título dunha novela que comezou a escribirse no IES Illa de Ons en febreiro do 2008. Tamén aquí falamos dun colectivo literario, que se chama Doussabores, e está constituído por Mónica Rodríguez e Mª Elisa Dios, de 4ºB. O que parecía unha ocorrencia da xuventude, e que podía ter rematado no capítulo I, encóntrase xa, cando escribimos esta presentación, no capítulo XVII, o cal en si mesmo é un mérito. Tamén é un mérito que sexa interesante, como din algúns dos que a comezaron a ler. A temática é a que se recolle nos diarios persoais das dúas protagonistas, que estudan nun instituto de Vigo 4º de ESO. Elas falan de amor, da amizade, de drogas, de anorexia,… en fin, da realidade que viven a diario. Cada unha fala coa súa voz, sen compartir a información coa outra. Encontramos os Diarios de Adriana e Jacky nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.

XA SAÍU UMBRELA NÚMERO 10

ESTAMOS EN INTERNET. Podes encontrar os números atrasados de Umbrela visitando o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou ben o da Biblioteca do IES Illa de Ons. Para chegar a esta revista encóntrase unha ligazón na parte dereita que leva directamente a unha Googlepage onde podes ler Umbrela 10.

1/29/2008

UMBRELA NÚMERO 9.

PREME NA LIGAZÓN DA DEREITA PARA VISUALIZAR A REVISTA COMPLETA

Umbrela 9

I.E.S. Illa de Ons. Bueu. Xuño. 2007.

Cartas de amor+ Grupo Manxadoira+ O medo+ Lembranzas da primeira escola+ Viaxes: Barcelona, Marsella, León+ Acrósticos+ Entrevista á directora, Concha Solano+ Un reloxo moi caro+ Punkto de Mira+ Historias do mar+ Encrucillado.

UMBRELA NÚMERO 9. CARTAS DE AMOR

UMBRELA NÚMERO 9

Carta de amor.

Yolanda

Quería dicirche que te amo, pero quédaseme pequeno, deberían inventar novas palabras que definan os meus sentimentos de devoción, de entrega, de admiración, de precisarte xunto a min cada segundo.

Dígoche que te amo, pero xa o sabes, parecereiche unha pesada, pero cando o digo é por que o sinto e este amor por ti non para de medrar.

Quero que saibas que o noso amor non ten tempos nin distancias, que é un amor puro e cheo de ilusión.

Amarte en realidade é un premio, que descoñezo se merezo, pero polo menos loito por merecerte, é un premio, un regalo que todo o mundo debería recibir, pero que so teño eu.

Por deixarme amarte douche as gracias.

...Sempre te amarei...

UMBRELA NÚMERO 7. NOITE DE SAN XOAN

UMBRELA NÚMERO 7

Noite de San Xoan.

Cristina Vidal Pousa 4º B

O 24 de xuño de 2005 eu e algúns amigos fomos mirar a fogueira á praia de Tulla. Estivemos uns trinta minutos aproximadamente, mirando a fogueira, e despois marchamos cara á rúa nova.

"Eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo"

Estábamos subindo por unha costa, cando de pronto eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo e caín en plena rúa. Miráronme cair Vanesa e María Xosé. Vanesa chamou por Pablo que ía cos outros máis arriba e despois veu Pablo pero eu xa me levantara e empecei a correr. Pasaron uns minutos e doíame moito o cóbado; tíñao sangrando. Como estabamos moi lonxe das nosas casas a miña amiga Vanesa tiña no bolso unha colonia e unhas gasas: para desinfectalo botoume colonia no cóbado e eu berraba porque doía. Despois tapeino, porque senón rozábame co xersei.

Seguimos ``roubando´´ portais. Logo cando chegamos á Rúa Nova pasou por onde estabamos nós unha moto onde ían dous rapaces: o que conducía ía bebido e caíron da moto. Nós fomos a xunto deles a preguntarlles se se mancaran. O que conducía dérase no xeonllo e ao outro non lle pasou nada, e despois marcharon.

En vez de chamarlle a noite de San Xoán podíamos chamarlle a noite das caídas.